foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

VIDE presenta os seus programas para este ano, co deporte de base como referencia

Vigo, 16 de Marzo. - A Fundación VIDE, que depende do Concello por medio da Concellería de Deportes, lanzou hoxe nas redes sociais o vídeo promocional dos programas que está a deseñar este ano, de xeito fundamental para o deporte de formación.

O concelleiro de Deportes e vicepresidente de VIDE, Manel Fernández, presentou o vídeo, de 80 segundos, ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, e aos e ás convidadas dos Premios VIDE de fútbol e fútbol sala a pasada semana -acto que foi emitido en "streaming" por facebook na canle "Vigo, terreo de Xogo"- e agora está colgado de xeito permanente en Facebook.

Programas de ximnasia, xadrez ou patinaxe únense aos habituais (Liga de Natación Escolar, Campus VIDE, Xogos de Reis, Vigo Cup...).

De tódolos xeitos, Manel Fernández xa advertiu que a totalidade dos programas estará pendente da evolución da pandemia e das ordes das autoridades sanitarias. 

O vídeo está localizable en:
https://www.facebook.com/vigoterreodexogo/videos/1343060779393506 

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org