Vigo, 4 de Decembro. - Decembro arrincou con tres eventos na fin de semana (Cidade de Vigo de kárate, Nocturna Solidaria de Bembrive e Festa do Judo Infantil) pero aínda restan outras competicións de patinaxe, ciclismo, esgrima, loita, taekwondo, baloncesto, fútbol, fútbol 8, balonmán ou atletismo ata chegar á San Silvestre do día 31 (17:00 horas) na Alameda.
Lembrade que están programadas na primeira quincena deste mes: Bici Rutas (día 6, centro da cidade), IV Invasión Celeste (día 8, Estadio municipal de Balaídos), III Gala Unicef de patinaxe (día 15, As Travesas), II Torneo Galego de florete (día 15, ETEA), Torneo de Nadal de baloncesto (día 15, Vermella), Torneo de Nadal de loita (día 15, Pavillón de Coia), Torneo mixto de roller derby (día 15, Pavillón de Candeán) e a Copa de Galicia de taekwondo e o Campionato Galego de hapkido (día 16, As Travesas).
Na segunda metade do mes, Campionato Galego M-14 de esgrima (día 22, ETEA), Torneo de Nadal de patinaxe (día 22, Pavillón Pablo Beiro), Torneo Concello de Vigo de fútbol 8 e fútbol (26 ao 29, campos municipais) e Gran Premio Pedestre do Nadal (día 23, centro da cidade). E despois, o gran evento lúdico no derradeiro día do ano (31, San Silvestre).