foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O kárate pechou o curso de escolas deportivas e foi o primeiro acto oficial de Caballero como alcalde

O kárate pechou o curso de escolas deportivas e foi o primeiro acto oficial de Caballero como alcalde

Vigo, 17 de Xuño. - A clausura das escolas de kárate no polideportivo Pablo Beiro de Bouzas puxo o punto final ao curso 2018/19 e, de paso, supuxo o primeiro xesto do alcalde de Vigo, Abel Caballero, co deporte local. O evento, na tarde do sábado, foi o primeiro acto oficial do rexedor no novo mandato municipal 2019-2023.

Nun pavillón que rexistrou unha excelente entrada (era o trixésimo segundo ano que se celebraba este acto), douscentos nenos e nenas pícaros e seis profesores ofreceron unha exhibición por grupos para recibir posteriormente diplomas e cintos indicativos do nivel de kárate acadado.

Caballero, moi aplaudido polo público, felicitou á Asociación Deportiva Zanshin e á escola Shotokan pola súa "forma vital de entender o deporte, por como fixeron do kárate un modo de vida", e a instancia do Zanshin, club que preside Fernando Álvarez, entregou un agasallo a Leticia Casas, en homenaxe e memoria de Andrés Casas, quen foi karateka segundo dan.

O rexedor tamén fixo fincapé na importancia do deporte neste novo periodo, demostrándoo cun primeiro acto oficial no que aquel foi o protagonista.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org