foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O Concello transforma a presentación do circuíto Run Run Vigo na Gala do Atletismo de Vigo

O Concello transforma a presentación do circuíto Run Run Vigo na Gala do Atletismo de Vigo

Vigo, 21 de Xaneiro. - O Concello de Vigo decidiu transformar a entrega de premios do circuíto Run Run Vigo na gala do atletismo vigués ao dar cabida nun único acto, este martes no Auditorio Municipal de Praza do Rei (20:00 horas), a todos os sectores do atletismo local.

Así, as carreiras en ruta, o circuíto de pista (as Series Municipais) e o programa municipal de cros escolar, que o ano pasado compúxose de seis probas na contorna da Travesía de Vigo (dúas carreiras), Castrelos, Bembrive, Beade e San Andrés de Comesaña, terán o seu protagonismo nun acto que tamén incluirá unha homenaxe a atletas veteranos e outras sorpresas.

Nos croses escolares do circuíto que organiza a Asociación de Xóvenes Atletas e que patrocina o Concello serán premiados 44 atletas de clubs e colexios vigueses (RC Celta, AF Celta, Comesaña, Atletismo Beade, AVA, SD Atletismo San Miguel de Oia, Compañía de María, Frián Teis, Mosteiro Bembrive, Coutada Beade, Monterrey, El Castro San Miguel e Párroco Don Camilo) por gañar algunha das carreiras do programa. 

Ademais, o premio á mellor proba atlética de 2018 recaeu nesta oportunidade na Marcha Solidaria 700 Camisetas contra a Leucemia, evento non competitivo entre Vigo e Pontevedra que percorre 36 quilómetros. Esta acción solidaria liderada por David Gil e a Asociación FranGil para a donación de medula ósea e de sangue do cordón umbilical releva no palmarés á Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple e á Vigo contra o Cancro, as dúas últimas probas recoñecidas en 2018 e en 2017, respectivamente.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org