foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O Concello pecha temporalmente as instalacións deportivas municipais ata o día 29

O Concello pecha temporalmente as instalacións deportivas municipais ata o día 29

Vigo, 13 de Marzo. - O Concello de Vigo ven de anunciar esta mañá novas medidas fronte ao coronavirus COVID-19. O goberno local mantivo unha reunión de traballo no salón de plenos na que o alcalde informou ás e aos concelleiros das novas decisións en materia de protección fronte ao coronavirus.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recomendou sosiego e tranquilidade a toda a cidadania ante a situación extraordinaria xerada polo COVID-19. Ademais, informou de que aprobou este xoves unha resolución acordando a creación do Comité de Seguimento de evolución do COVID-19 e varias medidas destinadas a minimizar o risco de contaxio do coronavirus e a protección da poboación e o persoal municipal seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias. Esta medidas mantense ata o 29 de marzo.

En declaracións públicas, Caballero fixo un chamamento á "calma" e á "responsabilidade" cidadá, porque se procura "protexer á poboación" coas medidas adoptadas: "Hai que evitar aglomeracións, estar o máximo posible na casa", reclamou o alcalde, quen insistiu en que "convén illarse o máis posible" e evitar o contacto próximo entre persoas.

Segundo explicou o rexedor, entre os acordos adoptados están a suspensión de todos os actos públicos organizados polo Concello e actividades e programas municipais que non teñan carácter asistencial básico. Darase publicidade na páxina web.

O rexedor instou "aos contratistas municipais a adoptar medidas precisas para mitigar o risco de contaxio do coronavirus. Xa adoptaron medidas preventivas Aqualia, FCC, Urbaser, Vitrasa, Máis que Auga e cooperativas de taxis".

Ademais decidiu o peche ao público de algunhas instalacións municipais. No que atingue ao deporte: complexos deportivos do Carme, Teis, Valadares, As Travesas, Samil, ETEA e Navia, pavillóns do Berbés, Bouzas, Coia, Teis e Castrelos, Coruxo, Valadares, Bembrive, Lavadores, Carballal, Sárdoma e Candeán; campos de fútbol municipais de Monte da Mina (Castrelos), Baltasar Pujales (Bouzas), Meixoeiro, A Xunqueira (San Andrés de Comesaña), Bandeira (Carballal), José Costas (Candeán), A Guía (Teis), As Relfas (Sárdoma), O Vao (Coruxo), Fragoselo e Pistas de Atletismo de Balaídos.

Deste xeito, a Concellería de Deportes que dirixe Manel Fernández pechará ao público todas as instalacións deportivas municipais ata o día 29, aínda que, como explica a carta, posteriores decisións estarán vinculadas sempre ás directrices das autoridades sanitarias en relación coa evolución do coronavirus.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org