foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O Concello patrocina “Vigo, capital do baloncesto 3x3”, con torneos e actividades formativas

O Concello patrocina “Vigo, capital do baloncesto 3x3”, con torneos e actividades formativas

Vigo, 6 de Febreiro. - Vigo marca tendencia no baloncesto 3x3 para converter á cidade nun piar na pista de 11x15. O Concello patrocina unha serie de eventos baixo a marca "Vigo, capital do 3x3" que van reforzar a actividade deportiva da modalidade.

O programa é moi ambicioso, avanzou o alcalde, Abel Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e as concelleiras María Lago (Turismo) e Patricia Iglesias (Atención cidadá) e por unha representación do Baloncesto Seis do Nadal e da FGB.

O rexedor subliñou que “Vigo ten a súa propia cancha de desenvolvemento e participación do baloncesto 3x3, e desde o Concello queremos que cada vez sexa unha cidade máis de basket, apostando con forza por esta disciplina”. Un campus de tecnificación, o Cidade de Vigo 3x3 de Semana Santa (abril) e o Campionato Galego Sub-17 (maio) son algunhas das accións.

Caballero destacou tamén os valores do deporte: “O baloncesto é magnífico, extraordinario, brillante, capaz de transmitir valores fundamentais. En Vigo queremos entrar neste ámbito coa maior forza posible”.

Pola súa banda, Sergio González, director deportivo do CB Seis do Nadal, sinalou que “é un orgullo, da man do Concello, sacar adiante un conxunto de actividades dirixidas á divulgación e á formación no baloncesto 3x3. O campus de 3x3 será a súa primeira edición e unha idea pioneira en Galicia".

O presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, destacou igualmente a “gran colaboración do Concello de Vigo” e agradeceu contar cun club “cun equipo humano tan sólido como o Seis do Nadal”.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org