Vigo, 15 de Outubro. - Vigo, 15 de outubro de 2018.- O novo pavillón de Quirós presenta un orzamento de 3,2 millóns (fue adjudicado a Oreco por 3,1 millones) e contará cunha bancada para 400 espectadores, converténdose no terceiro de maior aforo da cidade. A obra inclúe unha pista exterior polideportiva, rocódromo e ximnasio. Abel Caballero e Carmela Silva presidiron este luns o acto de colocación da primeira pedra, acompañados polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, a edil Nuria Rodríguez e o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades.
En declaracións previas á visita, o alcalde explicou que goberno de Vigo e provincial, institucións que pagan a obra, urbanizarán en Quirós máis de 7.000 metros cadrados, con zonas verdes, viais de acceso, estacionamentos, unha pista polideportiva e o pavillón.
A instalación terá dúas alturas, vestiarios, bancada para 400 espectadores, un ximnasio, unha sala deportiva multiusos e un rocódromo. No exterior, Concello e Deputación disporán unha pista polideportiva, con iluminación e peche, ademais de estacionamentos e sendas para os peóns.
É "unha das grandes construcións deportivas que estamos a facer en Vigo", asegurou Abel Caballero, quen recordou que o pavillón de Romil está en obras desde a semana pasada (por 2,1 millóns). Por outro lado, os gobernos dirixidos por Caballero e Silva promoven a renovación integral dos dous pavillóns existentes baixo a bancada de Río, no estadio municipal de Balaídos.
Estes catro pavillóns engádense aos xa abertos en Candeán, Navia e os dous da antiga ETEA, en Teis, todos eles inaugurados baixo o mandato de Abel Caballero.