foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O Concello destina 140.000 euros a concursos para contar cun campo de béisbol e a mellora da iluminación en campos de fútbol

O Concello destina 140.000 euros a concursos para contar cun campo de béisbol e a mellora da iluminación en campos de fútbol

Vigo, 16 de Xuño. - O Concello de Vigo aprobou en marzo pasado, unha semana antes da declaración do estado de alarma, dous expedientes para a mellora da iluminación en campos de fútbol (80.000 euros) e para a construción dun campo de béisbol (60.000).

Agora, ambalas dúas accións foron reactivadas e continúan co procedemento administrativo lideradas pola Concellería de Deportes, cuxo titular é Manel Fernández.

A convocatoria para a iluminación artificial, destinada a clubs deportivos, asociacións deportivo-culturais, agrupacións de persoas propietarias e entidades deportivas, xa conta coa publicación do extracto no Boppo (Boletín Oficial da Provincia) e xa que logo corren os prazos, co 6 de xullo coma o derradeiro día para a presentación de propostas.

En canto á construción dun diamante de béisbol, o Concello pide ás entidades deportivas sen ánimo de lucro, con sé social en Vigo e que gestionan instalacións deportivas, que presenten a súa proposta para que Vigo poida contar cun campo de béisbol. O Concello publicou as súas bases o pasado venres e en canto apareza o extracto no Boppo, comezarán a contar os prazos.

A Concellería de Deportes publica no pliego as medidas necesarias, que o terreo estea dispoñible un mínimo de dez anos e que os clubs de béisbol da cidade poidan utilizalo, con tarifas similares a calquera instalación deportiva municipal, durante cinco anos con uso preferente.

O béisbol vigués estableceuse no campo das Plantas, terreo pertencente á Entidade Local Menor de Bembrive, pero esta decidiu outro destino para eses metros cadrados. O Concello de Vigo, tras sopesar opcións, sacou adiante este concurso público.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org