Vigo, 9 de Outubro. - Analizados os cambios na orde da Consellería de Sanidade, publicados no Diario Oficial de Galicia de 8 de outubro, a Concellería de Deportes flexibiliza tamén as súas normas de acceso ás instalacións deprotivas.
Así, a presenza de público elévase á capacidade máxima dos recintos, igual que na ocupación para adestramentos das pistas municipais de atletismo de Balaídos, entre outras medidas tomadas.
Os vestiarios poderanse utilizar para cambiarse de roupa, pero mantense a prohibición do uso das duchas.