Vigo, 24 de Decembro. - O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, felicitou as festas ao deporte vigués coma é tradicional. Nun Nadal estrano (cancelación do Torneo Concello de Vigo de fútbol base e da San Silvestre), o edil espera e desexa que a normalidade chegue de xeito paulatino ao longo do 2021.
De feito, a programación da Concellería de Deportes reserva para eventos tradicionais as partidas habituais doutros anos, aínda que o Concello mantense alerta coa evolución da pandemia e as ordes das autoridades sanitarias.