foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS O campus de deportes de raqueta en Samil pecha tres semanas de campamentos de VIDE

O campus de deportes de raqueta en Samil pecha tres semanas de campamentos de VIDE

Vigo, 13 de Xullo. -

O alcalde e o concelleiro de Deportes clausuraron a derradeira das tres quendas de campamentos polideportivos

O segundo verán consecutivo dos campus de VIDE en tres complexos deportivos municipais funcionou como se esperaba: enorme aceptación, cuns 400 alumnos e alumnas na suma das tres accións, e éxito do modelo polideportivo posto en marcha polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o verán pasado.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu á xornada de clausura e felicitou aos e ás participantes, que durante esta semana coñeceron tres deportes, dous deles olímpicos: tenis, tenis de mesa e pádel. VIDE contou co apoio loxístico de Padel Cíes, a Federación Galega de Tenis e o Tenis de Mesa Vigo.

“Sodes os mellores do mundo”, sostivo o rexedor cando se dirixiu aos nenos nun acto de peche no que houbo entrega de diplomas de participación. O campus de Samil, do mesmo xeito que o da ETEA, celebrouse en horario matinal.

VIDE programaba un gran campus central nas Travesas cada verán dende 2000 ata que o edil de Deportes decidiu estendelo a outros puntos da cidade con importantes dotacións deportivas. Con este pulo, os campus duplicaron a súa oferta de prazas e continúan enchéndose co apoio de Frutas Nieves, New Balance, Mar de Ons, Coca-Cola e Decathlon.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org