Vigo, 23 de Xaneiro. - Este domingo (9:00 horas) comeza a Liga Concello de Vigo de natación escolar na piscina municipal do Carme, no complexo deportivo de As Travesas.
Un total de 304 participantes rexistrados de 27 colexios competirán nas categorías benxamín (132 nadadores), que abrirán a xornada, e promesa (172), que iniciarán a súa proba ás 12:00 horas.
Desde a creación deste campionato en 2014 -é esta a undécima edición-, cinco centros gañaron a liga por puntos (Martín Códax en 2014, o CEIP Frián en 2015, o colexio Apóstol Santiago de 2016 a 2019 e de 2022 a 2024 e o Colexio Internacional Jesuitinas Miralba en 2025).
A competición, prevista en tres xornadas dominicais (as seguintes, o 8 de marzo e o 10 de maio) programa probas mixtas de 25 metros estilo libre e costas, salvo na xornada final de maio, exclusiva para o estilo libre.
A categoría promesa está reservada a nadadores e nadadoras nacidos desde 2017 a 2020; os benxamíns, os que naceron en 2014, 2015 e 2016.
O campionato, organizado polo Club Natación Vigo Rías Baixas e a Fundación VIDE co apoio da Concellería de Deportes, conta tamén cun premio ao centro máis participativo. En 2014 e 2015 o Martín Códax gañou este trofeo, que logo conquistou o Apóstol (2016 a 2019) e que as catro últimas edicións foi cousa do Escola Rosalia de Castro (2022-2025)