foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Manel Fernández espera que a selección de Vigo teña unha moi boa experiencia nos Xogos do Eixo Atlántico

Manel Fernández espera que a selección de Vigo teña unha moi boa experiencia nos Xogos do Eixo Atlántico

Vigo, 3 de Xullo. - Vigo participa este mes nos XIII Xogos do Eixo Atlántico en Braga, do 7 ao 12, con catro seleccións de xogadores e xogadoras de 14 a 16 anos: balonmán masculino, baloncesto masculino e feminino e voleibol feminino.

Os deportistas convocados pertencen a varios equipos da cidade que traballan arreo e de modo conxunto co Concello de Vigo no programa municipal de escolas deportivas. Así, as seleccións son un compendio de valores de BM Seis do Nadal, UB Lavadores, Octavio, AD Carballal e Galicia Social (balonmán), Club Deportivo Bosco e CB Seis do Nadal (baloncesto) e Xuvenil de Teis (voleibol).

No Central das Travesas, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, citou a deportistas e técnicos para facer a tradicional entrega das equipaxes de xogo e de paseo cos que acudirá a Portugal a selección viguesa e lles instó a que, con independencia dos resultados, "gocen do campionato representando a Vigo".

En total son 46 deportistas, doce responsables técnicos e un técnico municipal que coordinará á expedición. As seleccións de Vigo partirán este domingo dende As Travesas (16:00 horas) e a inauguración está prevista o luns. Hai inscritos uns 1.800 mozos e mozas en balonmán, baloncesto, fútbol 7, voleibol, atletismo, atletismo adaptado, natación, natación adaptada e tenis. Pertencen a dez cidades galegas e quince do norte de Portugal.

O baloncesto masculino celebrarase no Pavilhãou André Soares e no Pavilhãou Municipal de Lamaçãé, o feminino no Pavilhãou de Ferreiros e no Pavilhãou Francisco Sanches, o balonmán no Pavilhãou Flávio Sá Leite e o voleibol no Pavilhãou de Maximinos.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org