Vigo, 7 de Novembro. - A Fundación Vigo en Deporte, que preside o concelleiro Manel Fernández por delegación do alcalde da cidade, Abel Caballero, abriu o prazo de inscrición para a súa convocatoria de bolsas anuais a deportistas individuais, parellas, tríos e cuartetos pola tempada deportiva 18/19.
Co luns 18 deste mes como data tope para a presentación das solicitudes (na propia fundación ou no correo electrónico vide@vide.es), será este o sexto ano consecutivo que VIDE, co pulo do Concello, convoque aos e ás sub-23, destinando para iso unha partida de 20.000 euros. A axuda por solicitude á que optarán é de 1.000 euros, cantidade que se comparte no caso de recaer nos solicitantes de modalidades de dous, tres ou catro deportistas.
A esta iniciativa de VIDE poden concorrer as e os deportistas empadroados en Vigo (dende o 1 de xaneiro de 2017) e nados dende o primeiro día de 1996, coa única condición de que non reciban subvención municipal do Concello polo exercicio 2018/19, do mesmo xeito que sucede dende 2016.
A axuda global da Fundación VIDE ao deporte individual local a través deste programa establecido en 2014 acadará así os 120.000 euros para dar apoio aos novos valores. Nas dúas últimas convocatorias beneficiáronse 23 deportistas por ano.
Más información en:
vide.es