foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Concello e Federación Galega acordan recuperar para Vigo o Rally Rías Baixas

Concello e Federación Galega acordan recuperar para Vigo o Rally Rías Baixas

Vigo, 13 de Marzo. - O Concello de Vigo e a Federación Galega de Automobilismo acordaron recuperar para a cidade o Rally Rías Baixas, segundo informou este martes Abel Caballero. O alcalde avanzou que "seguramente" Samil acolla os boxes da proba e a saída, o día 11 de maio, terá lugar na rúa do Príncipe.

A cita formará parte do Campionato Galego e celebrarase os días 11 e 12 de maio, cunha participación estimada nuns 150 vehículos. Adiantou o alcalde que, na reunión, Goberno de Vigo e Federación Galega abordaron a recuperación "no futuro", de cara a próximas edicións, do tramo urbano vigués de subida ao monte do Castro.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org