foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Concello e A Golpe de Pedal fomentan o uso da bicicleta con cinco fins de semana de actividades

Concello e A Golpe de Pedal fomentan o uso da bicicleta con cinco fins de semana de actividades

Vigo, 19 de Abril. -

Explicou Abel Caballero que a programación pretende achegar a bicicleta a cidade como medio de transporte e ocio, saudable e sostible, e recordou que o goberno de Vigo ultima o inicio das obras dun carril bici que cruzará a cidade, desde Teis ata Samil.

A décimo primeira edición de "Vive Vigo en Bici" arranca esta fin de semana con "Bicis na Primavera", unha marcha ciclista popular que parte da Porta do Sol ás 10:30 horas. O 28 deste mes as actividades trasládanse ao Castro, cunha saída ás 19 horas a visitar algunhas das medianeiras decoradas polo Concello e unha observación final da lúa chea.

O 6 de maio terá lugar unha das novidades deste ano, a Tweed Ride "Luis Molist", en Bouzas desde as 11 horas, un encontro e marcha de bicicletas clásicas e antigas. O 13 de maio, a Operación Ring Ring ás 16 horas desde a Praza da Independencia, cunha nova ruta por algunhas das medianeiras decoradas polo programa municipal "Vigo Cidade de Cor". O 20 de maio, Ciclismo na rúa na peonil do Calvario, con accións populares e actividades tamén para os máis pequenos.

A programación conclúe coa xa tradicional Pedaliña, o 26 e 27 de maio. O 26 de maio, a festa da bicicleta no Castro, de 12 a 21 horas, con apoio ao programa DisCamino, representación da ONCE con varios tandem, animación e postos de comida. O domingo 27, a ruta popular con saída da Porta do Sol ás 11 horas.

A Golpe de Pedal e o Concello de Vigo homenaxean este ano ao Club Ciclista Bici Verde, pioneiro en Galicia e en España das bicicletas de montaña, entidade que celebrou o pasado ano o seu trixésimo aniversario. Ademais, a ONG EntreCulturas será beneficiaria dos fondos recadados, para un proxecto de apoio á educación a refuxiados sirios.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org