foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués dende os anos 40 á actualidade

Caballero inaugurou a mostra fotográfica sobre a historia do baloncesto vigués dende os anos 40 á actualidade

Vigo, 6 de Setembro. -
Segundo ano, con máis imaxes (228 fronte ás 140 de 2017) e no mesmo lugar: en Príncipe fronte ao Museo Marco. Para quentar motores cara ao Memorial Quino Salvo chega unha exposición fotográfica do baloncesto vigués ao longo duns 70 anos, que o alcalde inaugurou este martes.
 
Caballero visitou este mediodía a nova exposición sobre o baloncesto local, de maior formato que o ano pasado para facer máis visible este deporte e que contén un cento de fotos máis sobre a iniciativa tamén mostrada na edición anterior do Memorial Quino Salvo.
 
O xefe do goberno municipal, que felicitou á organización do memorial, estivo acompañado polos concelleiros Manel Fernández (Deportes) e Chus Lago (Medio Ambiente) mentres Julio Bernárdez, presidente da asociación, lle amosaba algunhas das imaxes.
 
A exposición manterase na rúa Príncipe, diante do Museo Marco como o ano pasado, ata o día 14 e o sábado 15 trasladarase ao complexo municipal das Travesas, coliseo que acollerá a terceira edición do Memorial Quino Salvo entre o Morabanc Andorra e o Oporto (20:00 horas).
 
O rexedor manifestou na foto de familia, con rapaces de varios equipos do Baloncesto Seis do Nadal que van disputar o torneo alevín o sábado 15 pola mañá, que non descarta contar no futuro cun equipo na Liga ACB. "Hai que buscar o momento e o xeito", explicou.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org