Vigo, 28 de Xuño. -
Juan Comesaña, Guillermo Padilla, Aitor Casas e André Lorenzo, os remeiros do podio, luciron o seu flamante metal e foron felicitados polo rexedor, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
O Concello tamén entregou ao novo club unhas equipacións. A entidade, de moi nova creación (presentouse en maio), conta a día de hoxe con 43 remeiros e traballa na preparación dunha interesante proba en Bouzas para setembro.