foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero espera "gran ambiente" no cros de Castrelos

Caballero espera "gran ambiente" no cros de Castrelos

Vigo, 22 de Outubro. - "É unha das grandes probas de atletismo escolar que se celebran en Galicia, de feito é a máis importante", explicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estivo acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da AD Castro San Miguel, David Morales, e a directora técnica da carreira, Oliva Román. 
A proba, para escolares e federados dende o 2004 ao 2016, celebrará carreiras nas categorías cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e "olímpicos" (dos anos 2014 a 2016).

O rexedor animou á cidadanía a acudir ao evento porque, cun milleiro de atletas e entre dous e tres mil persoas asistindo ás probas, "hai un clima estupendo" e,a demais, os nenos "corren como demos".

Morales, pola súa banda, anunciou que o evento é por vez primeira carreira solidaria, para tentar de dar visibilidade ao proxecto "700 camisetas contra a leucemia". 

A primeira carreira, a cadete masculina, está fixada para as 10:00 horas. As distancias variarán segundo as idades. Como en todo o programa municipal, a organización reservou horario para as tradicionais carreiras de pais (11:40) e nais (11:48) dos nenos e nenas participantes, que correrán 1.000 metros.

É esta a proba máis numerosa das seis do programa municipal de cros escolar, "que fomenta dende a base a cultura do esforzo", explicou Morales.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org