foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero di que a liga municipal de cros escolar "amosa a capacidade dos centros para facer atletismo"

Caballero di que a liga municipal de cros escolar "amosa a capacidade dos centros para facer atletismo"

Vigo, 11 de Febreiro. - O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe unha nova edición do programa municipal de cros escolar, que comeza esta fin de semana (domingo 17 de febreiro) no colexio Monterrey, na Travesía de Vigo, e que ata novembro ofrecerá seis carreiras en cinco centros de ensino da cidade e unha no parque de Castrelos.

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e por representantes dos centros de ensino e da Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas, o rexedor anunciou a posta "en marcha do programa Deporte e Saúde", no que se atopa o programa de campo a través, que definiu como "unha mostra da capacidade dos centros de ensino para facer atletismo".
"Presentamos o evento dende o recoñecemento ao traballo e ao deporte dos máis cativos. que fan coa súa acción atlética unha función magnífica; é a cultura do deporte como un estímulo dos hábitos saudábeis", dixo, para engadir que "é entender a cidade dentro do deporte”. 

Todas as carreiras teñen xa data salvo a de Castrelos (en outubro) e a serie de probas únese ás outras ligas muniipais para idade escolar que apoia o Concello (baloncesto, minibalonmán, natación e fútbol 7).
Despois da novena edición do Cross de Monterrey, na Travesía de Vigo (10:00 horas) chegarán dous en marzo, Párroco do Camilo (San Andrés de Comesaña, día 24) e Coutada Beade (día 31), un en abril Mosteiro Bembrive (día 28), outro en outubro, o Cross El Castro San Miguel en Castrelos, e o remate da serie en novembro (Frián Teis, día 18).

Dende 2016 mantense o mesmo circuíto e este ano a organización calcula uns 3.500 nenas e nenos dende pitufos a xuvenís.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org