foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero celebra a aposta do deporte vigués por Samil, agora co Memorial Alfonso Varela de atletismo

Caballero celebra a aposta do deporte vigués por Samil, agora co Memorial Alfonso Varela de atletismo

Vigo, 28 de Setembro. - O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, o presidente do Club Atletismo Veteranos de Samil, Modesto Comesaña, e por patrocinadores privados e atletas, presentou a primeira edición da Popular Praia de Samil-Memorial Alfonso Varela, que se vai correr este domingo polo areal urbano vigués (10:30 horas).

O rexedor felicitouse porque este evento "aproveita o que representa a efectos do deporte en xeral e do atletismo en particular a praia de Samil, un lugar onde cada vez máis competicións e de máis relevancia teñen lugar", explicou.

Coa baixamar, a saída darase na praia xusto fronte ao complexo deportivo municipal de Samil, e será un percorrido de 8 km. que chega ata a praia da Fonte e que pasará polo túnel que hai na mesma para acceder ao piñeiral e regresar á area para volver ao complexo deportivo municipal de Samil. "Combinaremos a area mollada con outra parte seca e un minicross", resumiu Comesaña.

De feito, esta "é unha carreira totalmente diferente e que non había en Vigo", anunciou o directivo, que lembrou que Samil é "a base de operacións do club" (alí naceu en 1998), e que a proba "é única por ser a mellor praia do mundo".

Son 250 inscritos cun 23,6% de participación feminina. Hai oito categorías masculinas e o mesmo número de femininas. Haberá tamén premio ao atleta máis veterano en categoría masculina e na feminina.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org