Vigo, 27 de Febreiro. - Abel Caballero, alcalde de Vigo, saudou este xoves aos organizadores e organizadoras do programa Mini Cros Vigo (anpas, colexios e clubs, unidos pola asociación Xóvenes Atletas) que nestes momentos están a ultimar a tempada 2026 co concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Está previsto que este ano se organice o meirande número de competicións da historia (oito), cunha proba final en Castrelos no mes de outubro.
O rexedor aplaudiu o esforzo das organizacións para o fomento da actividade atlética e o edil anunciou á representación das organizacións das carreiras algunhas melloras no convenio para este ano.