foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero aplaudiu o crecemento dun 44% na participación da 10K de Teis, este domingo

Caballero aplaudiu o crecemento dun 44% na participación da 10K de Teis, este domingo

Vigo, 13 de Marzo. - O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou á Asociación de Comerciantes de Teis, organizadora da proba, polo auxe da 10K de Teis, prevista para este domingo desde o mercado de Teis, lugar de saída e meta, e que conta con 618 inscritos entre atletas de categoría sénior e nenos e nenas. “É un 44% máis que o ano pasado”, explicou o rexedor.

O evento é a terceira proba das doce do circuíto municipal Run Run Vigo de carreiras populares en asfalto. Fixado para este domingo, día 15, terá primeiro probas de base (10:00), para ás 10:30 horas dar a saída única aos corredores do 5.000 (percorrido curto) e do 10.000 (percorrido longo).

Na presentación no Concello, Caballero estivo acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, e a de Turismo, María Lago, ademais de pola organización (Celia Rial, presidenta do Mercado de Teis, e Roberto Giráldez, o seu xerente) e polo patrocinador privado, Banco Santander (Marcos Gerpe).

Giráldez explicou que é “unha carreira dura”, pero tamén moi fermosa pois parte do casco urbano e toca parques e xardíns (A Guía e A Riouxa) e praia (ETEA), amosando tódalas vistas de Teis.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org