Vigo, 15 de Marzo. -
Caballero, que agradeceu o esforzo do sector privado para apoiar aos clubs vigueses, e en especial ao deporte de base, subliñou que "o meu agradecimento persoal é moito, pero como alcalde é infinito".
O rexedor confesou aos presentes a súa "satisfacción persoal" pola resposta do tecido empresarial cara ao deporte de Vigo, e espera que esta acción tradúzase nunha colaboración máis estreita.
Caballero recoñeceu aos representantes das empresas (Aceites Abril, Mar de Ons, Vilatrade, Hyupersa, Viaxes Zonda, Coca-Cola, Frutas Nieves, Más Visión, Rodosa, Construciones Castro, Kaleido, Abanca, Grupo Viqueira e Faro de Vigo) o esforzo que están a facer ao investir en deporte.
O Concello de Vigo é o motor e patrocinador principal dos clubs do municipio, pero Caballero entende que o apoio empresarial é fundamental para reforzar as accións das entidades da cidade.