foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero anuncia o Belarmino Alonso para abrir a tempada de cros

Caballero anuncia o Belarmino Alonso para abrir a tempada de cros

Vigo, 12 de Novembro. - O Memorial Belarmino Alonso de cros disputarase o derradeiro domingo de novembro (día 25, 10:30 horas) en Molinos (San Andrés de Comesaña) co patrocinio do Concello de Vigo e a organización do Comesaña Sporting Club.

Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, na presentación dun evento que acada corenta anos de idade e para o que a rolda de prensa reuniu ao presidente do club, Belarmino Alonso, directivos, adestradores e colaboradores da entidade (Serafín Costas, Joaquín Pérez, Hipólito Sousa e Jesús Sánchez) ademais de atletas (Soledad Castro, Sandra Mosquera y Patricia Feijoo), acompañados tamén polo edil de Deportes, Manel Fernández.
 
Caballero felicitou ao Comesaña polo seu traballo organizativo e explicou que co Belarmino "abrimos a tempada de campo a través en Galicia", pedindo á ciudadanía que se achegue para ver as probas. "Que saiban que é unha gran proba de atletismo, un evento excepcional nun lugar sui géneris onde parece que o atletismo ten vida propia", manifestou o rexedor.

Joaquín Pérez, coordinador da proba, indicou que "é un evento moi significativo para o atletismo galego. Co Belarmino queremos honrar ao atletismo federado e facer fincapé en que o cros é unha modalidade do atletismo, a primeira que se practicou, onde a humildade e o esforzo, a valentía e a perseveranza, son esenciais". 

O memorial comezou a disputarse en 1978 (en 1983 non se celebrou) e Pérez puxo de manifesto que a intención é "honrar a memoria de quen foi gran directivo do club, malia que a Federación nos puxo as súas pegas". Pero para o Comesaña, a filosofía da carreira é intocabel: "Queremos mantela exclusivamente para atletas federados".

O alcalde e o concelleiro de Deportes amosaron as camisetas da centenaria sociedade coas que foron obsequiados e no peche do acto se deu por feito que o Belarmino 2018 será "un gran espectáculo".

Haberá carreiras sub-12, sub-14, sub-16, sub-18 e sub-20 e a proba raíña: sénior e sub-23. Hai, ademais, 1.600 euros en xogo. 

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org