foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero anima ao Celta Zorka, que vai xogar en Canarias a fase de ascenso á Liga Día

Caballero anima ao Celta Zorka, que vai xogar en Canarias a fase de ascenso á Liga Día

Vigo, 23 de Abril. - As xogadoras e o equipo técnico dirixido por Cristina Cantero, ademais do presidente do Club Deportivo Bosco, Carlos Álvarez, foron recibidas hoxe polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, antes de viaxar a Tenerife para participar na fase final de ascenso no que buscarán o seu regreso á máxima categoría nacional do baloncesto feminino, a Liga Día.

O rexedor, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou ás xogadoras e ao equipo técnico do Celta Zorka unhas horas antes da súa partida cara ás Canarias, onde van disputar a fase decisiva que outorga dúas prazas para a máxima categoría do baloncesto feminino.

O equipo, comandado polo seu presidente, Carlos Álvarez, e a súa adestradora, acudiu á Alcaldía de Vigo, onde Caballero desexou a mellor das sortes para os partidos que disputarán do 25 ao 28 de abril no pavillón Juan Ríos Tejera, de San Cristóbal de La Laguna.

O Celta Zorka foi campión do grupo A da LF2 con 24 vitorias e unicamente perdeu dos partidos, polo que parte como un dos equipos favoritos. O seu primeiro rival será o Barça CBS este xoves ás 19:15 horas (hora peninsular).

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org