foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Caballero anima á cidadanía a participar na sexta edición da carreira Vigo contra o Cancro, do circuíto Run Run Vigo

Caballero anima á cidadanía a participar na sexta edición da carreira Vigo contra o Cancro, do circuíto Run Run Vigo

Vigo, 8 de Outubro. - Vigo, 8 de outubro de 2018.- Abel Caballero participou esta mañá na presentación da sexta edición da carreira Vigo contra o Cancro, prevista para o domingo 21 na Avenida Castelao e pertencente ao circuíto municipal de carreiras populares Run Run Vigo. Caballero aproveitou a súa intervención para animar á participación cidadá nunha causa "xusta" onde todos "somos importantes". 

O domingo 21 de outubro terá lugar a VI Carreira Vigo contra o cancro (9:45 horas, Coia), que un ano máis conta coa colaboración do Concello así como de patrocinadores como El Corte Inglés. O evento ten ata tres probas diferentes: ás 9:45 horas sairán os participantes na carreira de 10 quilómetros de vehículo adaptado, ás 10:00 os e as atletas que corren o 10K (do circuíto Run Run Vigo) e ás 10:45 os participantes na proba de 5.000 metros, que non é competitiva. 

Durante a presentación, Caballero animou a todo Vigo a achegarse ese día a Coia para participar na festa na que se ten convertido esta causa "xusta" onde todos "somos importantes". 

O rexedor felicitou á organización, personalizando en Rosa Soliño, presidenta da Asociación Vigo contra o cancro, á que trasladou a consideración e recoñecemento de toda a cidade por ser quen de organizar unha cita deportiva de tanta importancia. Tamén agradeceu a súa colaboración á Esteban Castelao, director da Unidade de Oncoloxía e Xenética do Instituto de investigación sanitaria Galicia-Sur. 

Unha vez máis, haberá dous modelos de carreira: unha de 5 quilómetros (non competitiva e se pode facer andando) e outra de 10 km (cronometrada e con premios) que está incluída no programa municipal de carreiras populares Run Run Vigo.

As inscricións poden formalizarse online en www.runrunvigo.com, en www.vigocontraelcancer.es, en championchipnorte.com/evento/detalle/id/1614/carrera-de-vigo-contra-el-cancer-2018 ou de maneira presencial na planta de deportes de El Corte Inglés. A data límite para inscribirse na proba será o vindeiro 17 de outubro. Este ano e debido ás obras de humanización, a "zona base" da carreira xa non será nos Volcáns senón que se traslada á explanada de Coia, onde se organiza a festa. 

Na presentación tamén estivo presente o xefe de relacións públicas de El Corte Inglés, Pati Blanco.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org