Vigo, 2 de Maio. - O pavillón municipal Pablo Beiro, en Bouzas, recibe por décimo ano consecutivo a Festa Infantil do Kárate, que este sábado (17:00 horas) reunirá a 280 deportistas, dende categoría benxamín a xuvenil, na súa anual competición por equipos. É esta a súa edición número 32: a A.D. Zanshin organiza o evento dende 1987
Las escuelas de kárate Shotokan e Okinawa, os colexios Compañía de María e CEIP San Salvador de Teis e o alumnado de kárate pertencente ao programa municipal de escolas deportivas concorren a este campionato, por equipos mixto, organizado pola Agrupación Deportiva Zanshin e que o alcalde, Abel Caballero, presentou hoxe no Concello.
O rexedor estivo acompañado do edil de Deportes, Manel Fernández, así como do presidente da AD Zanshin, Fernando Álvarez, de dous dos seus directivos, María José García e Alfonso Rodríguez, e de tres karatecas da Escola Shotokan que disputarán o evento: María Corredeira, Elisa de la Torre e Nerea de Sousa.
Participantes de 4 a 18 anos exhibirán a súa calidade nun campionato que encherá as bancadas do pavillón boucense (a entrada é de balde). A competición, de defensa persoal, contará tamén con exhibicións de karate-do e kobudo por cintos negros e instrutores e de tai-chi por alumnos da EK Shotokan.
O alcalde animou á cidadanía a presenciar esta espectacular festa do kárate de formación.