foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS As entidades deportivas de Vigo xa poden solicitar a subvención pola súa actividade 19-20

As entidades deportivas de Vigo xa poden solicitar a subvención pola súa actividade 19-20

Vigo, 10 de Xuño. - O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (Boppo) publicou este luns as bases específicas para a concesión de subvencións por parte do Concello de Vigo ás entidades deportivas do municipio pola súa actividade no sector deportivo formativo na tempada 2019/2020.

O importe total do expediente é de 925.000 euros, 75.000 euros máis que na convocatoria 18/19, e beneficiará a clubs deportivos, asociacións, agrupacións e entidades deportivas viguesas. O procedemento de concesión das subvencións é por concorrencia competitiva e o prazo para a presentación de solicitudes comezou a contar este luns, coa súa publicación no boletín provincial.

Despois das achegas ao deporte de elite, chega o momento do deporte de base. O pasado 28 de maio a Xunta de Goberno Local aprobou as bases e agora corren os prazos para cumplimenta-la axuda.

Máis información e a documentación necesaria en:
https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4200

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org