foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Arrinca a Liga Linco 2026

Arrinca a Liga Linco 2026

Vigo, 30 de Xaneiro. - A Liga Linco comeza hoxe venres (16:30 horas) coa primeira xornada de presentación no pavillón de Navia e vaise prolongar durante unha ducia de venres ata o derradeiro venres de maio, co peche do curso 25/26. A actividade está patrocinada polo Concello.

O alcalde, Abel Caballero, presentou a competición formativa acompañado na rolda de prensa polos concelleiros Manel Fernández (Deportes) e María Lago (Turismo), ademais do director deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal, Sergio González, pois é a entidade que organiza o evento.

O rexedor explicou que participan as escolas deportivas municipais de Navia e Balaídos (que dirixe o Baloncesto Seis do Nadal) e os CEP Celso Emilio Ferreiro e Doctor Fleming, xunto cos CEIP Seis do Nadal, Alfonso Rodríguez Castelao, Illas Cíes, Escultor Acuña, Virxe do Rocío e Igrexa Candeán. As xornadas disputaranse os venres no polideportivo de Navia, de 16:00 a 18:00 horas.

A competición naceu no 2003 e dende o seu inicio acumula máis de 3.500 participantes. Está dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, pertencentes ás categorías baby, benxamín e alevín, repartidos en dous grupos: dos 6 ao 9 anos un e dos 10 aos 12 anos o outro.

Os encontros son arbitrados por xogadores de base do club organizador, unha faceta sobre a que o alcalde expresou a súa satisfacción: "Góstame moito; os xogadores “aprenden a controlar os seus impulsos porque teñen que meterse no papel dos árbitros”.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org