foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS Aprobación definitiva dos Orzamentos 2021 do Concello, co mantemento das axudas ao deporte

Aprobación definitiva dos Orzamentos 2021 do Concello, co mantemento das axudas ao deporte

Vigo, 23 de Decembro. - O pleno municipal aprobou este pasado mércores día 23 de xeito definitivo o orzamento do Concello para o vindeiro ano que ascende a 264 millóns de euros, co voto en contra dos grupos da oposición.

Abel Caballero valorou como “paso histórico” a validación pola Corporación Municipal do Orzamento Municipal para 2021 ao ser o décimo quinto aprobado de forma definitiva e o “máis alto da historia de Vigo”.
En rolda de prensa posterior, o rexedor detallou que os Orzamentos municipais para 2021 teñen menor presión fiscal, recollen unha baixada dos impostos, con débeda cero, con 20 millóns de dedicación á Política Social, unha área que non terá límite de gasto, de xeito que se engadirá aquilo que sexa necesario. Lembrou o alcalde que, desde que recibiu o bastón de mando aumentou un 326% a dedicación social do orzamento e un 140% a partida de emprego. 

O documento contempla investimentos por valor de 26 millóns de euros aos que cómpre sumar os 36 millóns de remanentes aprobados recentemente e que, para Caballero, “xeran emprego”. Destacou tamén a importancia das bonificacións aplicadas polo Concello a 12.000 actividades comerciais no ano 2020, 5 millóns de euros para aplicar a taxa cero en terrazas, auga e vados non cobrados, polo que son “milleiros de familias” as que ven rebaixados os seus impostos así como o sector hostaleiro que suma “millóns de euros” de bonificacións.

Os orzamentos garanten o que nos últimos meses avanzou o rexedor en reunións telemáticas co concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e unha ampla representación do tecido asociativo do deporte de Vigo: os clubs manterán as axudas do ano anterior aínda que a súa actividade baixara polo confinamento e a cancelación de probas.

Deste xeito, as grandes liñas de apoio sumarán 2,8 millóns de euros para entidades, deportistas, eventos e infraestruturas, dos que 1,46 millóns son axudas directas a clubs de base (925.000 euros), elite (446.500 €) e o resta chega a través da propia Concellería (programa de equipacións), da Fundación VIDE e dunha axuda especial da Concellería de Igualdade ao deporte feminino.

Eventos (319.000 euros), programa municipal de escolas deportivas (373.149), deporte individual (70.000) e infraestruturas deportivas (623.500) son algúns dos grandes números para evitar que a pandemia afecte ao deporte do municipio.
 

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org