foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS A Vigo+11 proclamará o domingo a Ester Navarrete raíña do Run Run Vigo e decidirá o campión masculino

A Vigo+11 proclamará o domingo a Ester Navarrete raíña do Run Run Vigo e decidirá o campión masculino

Vigo, 7 de Novembro. - A Vigo 11 pecha este domingo (11:11 horas, rúa Concepción Arenal) o circuíto Run Run Vigo 2018 que patrocina o Concello a través da Concellería de Deportes. E farao ao grande, decidindo o título masculino M1, sobre o papel sempre o máis prezado e o único que falta por determinar tras sete carreiras previas dende abril.

En categoría feminina, Ester Navarrete (FC Barcelona) alcanzou o seu cuarto título en fila: ninguén lle tose dende 2015 a hoxe e xa acumula un póker de vitorias nas probas pedestres populares do termo municipal.

A carreira, que pecha hoxe mércores as súas inscricións, presenciais e por internet, contará con probas previas para categorías de formación que mobilizarán a dous centos de nenas e nenos. Despois, quenda para os atletas nados ata 2001, entre os que figurarán varios dos vencedores matemáticos da liga municipal de carreiras en asfalto.

Na proba estrela, o vigués Rubén Pérez Fontán (Athletic's Fisioterapia San Lázaro) buscará o triunfo e o título M1 (nacidos entre 1979 e 1998). Acumula 1.030 puntos en seis carreiras (perdeuse a Vigo contra o Cancro) fronte aos 920 do segundo clasificado, Emilio Pérez (Comesaña Sporting Club). Os dous repartiranse o primeiro e segundo posto porque o terceiro, Carlos Enrique Gutiérrez (Triatlón Mar de Vigo), con 645 puntos, non pode alcanzalos.

Por vez primeira o 10.000 da Vigo 11 baixará o telón do circuíto municipal tralo cambio de datas da Subida ao Castro, que en xaneiro deste mesmo ano pechou o Run Run Vigo 2017. O resto de campións son Ana Alonso e Daniel Bargiela (F2 e M2), María José Velázquez e José Carlos Adán (F3 e M3) e Carmen Costas e Manuel Suárez (F4 e M4). Ningún campión de esta liga 2017 repite título mentres que Navarrete, Alonso e Carmen Costas si o revalidan en categoría feminina.

O Concello reparte neste circuíto 4.800 euros entre os tres primeiros de cada categoría, masculina e feminina, con 300 euros para o campión, 200 para o subcampión e 100 para o terceiro clasificado. Ademais, corre con gastos en loxística dos organizadores das carreiras populares.

O circuíto 2018 iniciouse coa Vig-Bay o pasado 8 de abril, para disputar despois a Happy Go Running, Carreira dá Cereixa, Nocturna Correndo por Vigo, Noctura de San Xoán, 10K do Berbés e Vigo contra o Cancro.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org