Vigo, 29 de Xaneiro. - O circuíto Run Run Vigo 2024 arrincou de xeito excepcional coa Subida ao Castro este domingo. Parabéns do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do concelleiro de Deportes, Manel Fernández, á organización da carreira, que se fixo maior (cumpriu 18 anos, a primeira edición foi en 2006).
Venceron David González (CD Delikia) na xeral, que ascendeu os 3.000 metros de Montero Ríos á Fortaleza do Castro en 11:43 minutos, e Andrea Iglesias (Athletics Fisioterapia San Lázaro) na categoría feminina (14:26). González Borges (Vigo, 2003) correu a proba xa aos trece anos en 2016. É o seu primeiro triunfo; Iglesias (xeración de 1989) leva tres vitorias (2019, 2023 e 2024).
Nesta primeira proba do Run Run remataron a dura ascensión 421 dos 455 inscritos (92,5% de "finishers"). A segunda carreira do circuíto que patrocina o Concello, o domingo 3 de marzo (Calvario 5 5).