foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDADE/NOTICIAS A festa do judo infantil, no Ifevi

A festa do judo infantil, no Ifevi

Vigo, 30 de Novembro. - O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a XXVI Festa do Judo Infantil-Trofeo Mestre de Frutos, prevista para este domingo no Ifevi (11:30) con entrada de balde e co patrocinio do Concello e da Deputación.

Acompañado polo presidente da Federación Galega de Judo, Mario Muzas, e do edil de Deportes, Manel Fernández, Caballero destacou a presencia de 1.500 nenas e nenos de corenta entidades deportivas e escolas de Vigo e de toda a provincia neste encontro no recinto feiral no vintecinco aniversario (1993-2018) da iniciativa, que comezou no Pavillón Central das Travesas.

O rexedor anunciou que o judoka do Famu Nikoloz Sherazadishvili -“Niko” para o presidente da Galega-, “vai ser un gran protagonista” da xornada, pois acudirá a Vigo a recibir un dos premios que Famu reserva para os seus mellores deportistas do ano. “Queremos presenciar e disfrutar este evento, e invito a toda a cidade a que acuda”, dixo Caballero.

Muzas, pola súa banda, amosouse moi ledo polo cuarto de século desta competición de técnica, na que hai clasificación, pero que "queremos chamala festa e que sexa un día de encontro entre familias, mestres ou deportistas”.

Os judokas repartiranse entre 29 tatamis e unha hora despois do inicio do campionato entregaranse os recoñecementos a vinteoito deportistas (o dobre sobre a festa de 2017), sete deles polos éxitos acadados a nivel internacional. E Muzas referiuse precisamente a “Niko”: “En 70 anos de historia do noso deporte en España fixo historia como primeiro ouro mundial español; e representa a Galicia e ao Famu por vontade propia”.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCELLERÍA DE DEPORTES
Área administrativa e técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org