Vigo, 19 de Maio. -
Nunha xornada intensa organizada polo Maniotas, o alcalde volveu demostrar coa súa asistencia o total apoio que dá o Concello ao deporte de formación e encomiou novamente o traballo dos clubs e dos seus adestradores, pero sen esquecer o sacrificio e esforzo das familias dos mozos e mozas deportistas. Caballero asistiu acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.
Ata o 2 de xuño aínda restan unha treintena de clausuras de patinaxe, ximnasia (rítmica e acrobática), baloncesto, atletismo, fútbol, patinaxe en liña, esgrima, vela, remo, waterpolo, baile deportivo, balonmán, baloncesto adaptado, rugby, escalada, hóckey (herba e a patíns), tiro con arco, tenis, voleibol, tenis de mesa, taekwondo, judo, loita olímpica, kárate e esgrima.
As dúas grandes concentracións aínda por celebrarse son o III Día dos Deportes de Combates (As Travesas, sábado 26), con judo, taekwondo, kárate e loita olímpica, e o peche da Liga Concello de vigo de fútbol 7 (Samil, 2 de xuño).