A cidade de Vigo constitúe o marco asociativo máis importante da Comunidade Galega, con máis de 200 entidades deportivas que dinamizan, promoven e fomentan a práctica da actividade físico-deportiva nas súas diferentes manifestacións, e miles de persoas que participan do feito deportivo desde distintas perspectivas.
Neste entorno deportivo, do que forman parte as propias entidades deportivas, deportistas, federacións, siareiros, xuíces, e o tecido empresarial, que continúa co seu apoio ó desenvolvemento da actividade deportiva, o Concello de Vigo mantén o seu compromiso de traballo e responsabilidade dinamizando estratexias e liñas de apoio e financiación ás entidades, coordinando programas vinculados co deporte saudable, formativo e integrador, fomentando a participación activa no deporte, investindo na creación de novas infraestructuras e no mantemento das existentes, mellorando na xestión das instalacións deportivas municipais, xerando ofertas atractivas e novidosas para as diferentes inquietudes existentes ou apoiando a celebración de grandes eventos deportivos na cidade.
Asemade, a Concellería de Deportes e o Servizo Municipal dos Deportes teñen a firme intención de manter o seu carácter amable, integrador e de liderazgo, coordinando con eficiencia os recursos dispoñibles, e desenvolvendo unha oferta de servicios, actividades e programas de calidade que potencien o noso sistema deportivo local e faciliten o acceso e participación da poboación na actividade físico-deportiva nunhas condicións óptimas de práctica.