foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDAD/NOTICIAS Vigo, ciudad de referencia de la gimnasia acrobática en la ETEA

Vigo, ciudad de referencia de la gimnasia acrobática en la ETEA

Vigo, 14 de Noviembre. - Vigo será un centro de referencia nacional da ximnasia acrobática e "un centro de referencia en Europa", sostivo Abel Caballero hoxe na súa comparecencia ante os medios de comunicación.

O alcalde, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, mantivo un encontro con representantes da ximnasia acrobática do país (Jesús Carballo, presidente da Federación Española de Ximnasia; José Manuel Estévez, presidente da Galega, e Jorge Méndez, director xeral do Flic Flac e seleccionador nacional de acrobática), que rematou co anuncio do rexedor en rolda de prensa.

A instalación municipal elexida será o pavillón 1 do complexo deportivo da ETEA, pista base do Club Flic Flac dende que se abriu ao deporte vigués no 2013.

O Concello de Vigo asumirá a incorporación dun novo practicable -pista homologada pola Federación Internacional de Ximnasia-, cun investimento de 25.000 euros, e o pavillón, exclusivo para ximnasia acrobática, servirá tamén de centro para cursos de formación a nivel de todo o país e como base para concentracións das seleccións nacionais da modalidade e tamén coa posibilidade da presenza de intercambios deportivos da selección española con outras estranxeiras. Estará listo en maio do 2019.

O Flic Flac fundouse no ano 2003 e co seu pulo esta disciplina acada xa 700 deportistas. A ximnasia acrobática viguesa está, nos campionatos nacionais e tamén na selección, na primeira liña.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCEJALÍA DE DEPORTES
Área administrativa y técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org