foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDAD/NOTICIAS O alcalde eloxia a "gran" organización da Vig Bay na XIX edición desta proba atlética

O alcalde eloxia a "gran" organización da Vig Bay na XIX edición desta proba atlética

Vigo, 3 de Abril. -

Abel Caballero eloxiou esta mañá o "gran traballo que realizan os organizadores da gran proba da Vig Bay". Na presentación desta décimo novena edición da medio maratón agradeceu tamén o seu traballo ás forzas de seguridade e aos promotores sen os que non sería posible a organización desta proba, que sairá de Samil o próximo 8 de abril. Tal e como dixo, os máis de 5.000 inscritos, dos que case 900 son mulleres, representan os "mellores valores" do ser humano: esforzo, perseveranza ou deportividade. Unha vez máis, tamén se organizarán actividades solidarias e de responsabilidade co medio ambiente.

Caballero estivo acompañado na rolda de prensa por Pilar Ruíz, coordinadora, Juan González e Ángel Rodal, alcaldes de Nigrán e Baiona, respectivamente; Daniel Benavides, xefe de servizo de Deportes da Xunta; así como de Jorge Martínez, director territorial en Vigo de Abanca, así como do responsable de EDP de Galicia, Andrés Fernández.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCEJALÍA DE DEPORTES
Área administrativa y técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org