foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDAD/NOTICIAS Manel Fernández entregó el bono del viaje a Marruecos a la ganadora del sorteo de Zonda y VIDE

Manel Fernández entregó el bono del viaje a Marruecos a la ganadora del sorteo de Zonda y VIDE

Vigo, 28 de Febrero. - Parabéns a Tamara Lastra, cuxo número de boleto, o 42.342, resultou gañador do sorteo de Siareiros para a viaxe por Marrocos e Andalucía, cortesía de Viaxes Zonda e da Fundación Vigo en Deporte.

O concelleiro Manel Fernández, vicepresidente de VIDE, e a directora da axencia, Alice Martínez, fixeron entrega do billete para dúas persoas na sede da fundación, no complexo deportivo municipal das Travesas.

Marrocos (Tánxer, Fez, Meknes e Tetuán), Tarifa, Ceuta, Xerez e Alxeciras esperan do 1 ao 7 de maio á gañadora e a viaxe inclúe traslado en autopullman dende Vigo, billetes de ferry Tarifa-Tánxer e Ceuta-Alxeciras, e visita a Alxeciras, Tarifa, Tánxer, Fez, Meknes, Tetuán, Ceuta e Xerez.

O boleto foi vendido (doazón de 1 euro) pola Escola Deportiva Mosteiro Bembrive, e á entrega do bono de viaxe acudiu o presidente do club, José Luis Rial.

Esta acción conxunta de VIDE e Viaxes Zonda é a quinta consecutiva. Dende que Zonda se uniu ao panel de patrocinadores de VIDE, e sumando os 46.000 euros obtidos cos boletos deste sorteo, as entidades deportivas de Siareiros que apostan por esta iniciativa supera os 200.000 euros de ingresos atípicos.

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCEJALÍA DE DEPORTES
Área administrativa y técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org