foto cabeceira
ga flages flag
Logo Concello de Vigo
INICIO ACTUALIDAD/NOTICIAS El espectáculo del patinaje artístico tomó el Central de As Travesas

El espectáculo del patinaje artístico tomó el Central de As Travesas

Vigo, 18 de Mayo. - O Día do Patín volveu arrasar. Bancadas cheas con enorme ir e vir en función das actuacións e dous mil patinadoras e patinadores (mil pola mañá e outros tantos pola tarde) copando algo máis de dez horas de patinaje artístico de escolas, pero tamén de grupos de show, porque a xornada foi case unha prolongación do Internacional Concello de Vigo de abril. 

En pista, tamén o CPA Gondomar, o Vagalume Celtamotor, o Carpa Viqueira, o... A modalidade de show non podía faltar e as ovacións, tampouco. E o alcalde, Abel Caballero, acudiu a animar, acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e polo delegado do Estado na Zona Franca, David Regades.

O Concello, que contou coa colaboración de Carpa Viqueira e do Patín Vagalume a nivel organizativo, situara as actuacións máis estelares ao remate da xornada. Cuns 2.300 espectadores nas gradas, houbo ovacións para emocionar.

Por exemplo, para as nove patinadoras do CPA Gondomar, adestrado por David Figueroa e subcampión europeo e nacional en grupos show pequenos, coa súa coreografía do hospital psiquiátrico "Saint Mary", ou ao Patinaje Balaídos, que puxo en xogo a trinta e catro patinadores, incluído Chewbacca, para transformar o Central nunha guerra galáctica con selo de Spielberg. Ambas agrupacións leváronse dous dos recoñecementos sonoros máis espectaculares da festa.

O CPA Gondomar porque é moi apreciado en Vigo -leva catro de catro títulos no trofeo internacional-. O novo club de Balaídos, porque combinou protagonistas de tódalas idades, incluídos os máis "peques" das escolas, transformados en ewoks, para unha coreografía, a segunda máis numerosa da xornada, na que tamén participou a súa adestradora, María Trinidad Maldonado, quen ademais pasouno en grande. Non faltaron nin a Estrella de la Muerte nin as espadas láser. E ademais, un vestiario moi traballado.

Así, a patinaxe artística viguesa e da súa área de influencia deuse outra homenaxe na xornada de clausura das escolas deportivas, programa municipal versión 2018/19. Prácticamente non faltaba ningún club de Vigo (estaban tamén o AD A Guía, o CP O Olivo e o CP Castrelos, ademais da Agrupación Xiramos (Mos), o Caselas, o Luar (Ponteareas) e a ADR A Cañiza ofrecerán os seus mellores coreografías.
 
Entremedias, houbo participación de escolas de numerosos centros de ensino vigueses (Coutada Beade, Chans Bembrive, O Castro San Miguel, Doutor Fleming, Calasancias, Acacias Javier Sensat, Salesianos, Párroco Don Camillo, Illas Cíes, Mosteiro Bembrive, San José, Vicente Risco, Chouzo, Balaídos, Sárdoma Moledo...), pero tamén doutras localidades (o CEIP Rebordáns de Tui ou o CEIP Antonio Palacios porriñés), do programa municipal ou de empresas que imparten cursos de patinaje (Sportemp, Disport, Diverto's).

Un total de 117 agrupacións (59 pola mañá e 58 pola tarde) mostraron as súas habilidades na gran cita da patinaxe artística viguesa, cuxo Día do Patín celebrou a súa vixésima segunda edición con máis de 10.000 persoas pasando polo Central ao longo da xornada no acto estrela da serie de clausuras do curso deportivo.

Caballero, en su intervención, non dubidou en felicitar o traballo de clubs, adestradores e familias para conseguila "excelencia neste deporte", que definiu como unha modalidade chea de "beleza, de equilibrio, de físico e de equipo?".
 
É esta a fin de semana máis completa do programa de escolas, pois o Pavillón Central das Travesas continuará recibindo exhibicións. Hoxe sábado tamén se pon punto final ao curso de xadrez (pavillón de Navia), pero a ximnasia acrobática, a decimotercera festa das escolas do Flic Flac, tamén ocupará o Central (11:00 horas). E o domingo (escolas de vela, natación artística e waterpolo) no Náutico de Vigo (10:00) e de natación artística na piscina do Carme (dende as 8:45 ás 14:00 horas). En total, uns 3.400 alumnos participantes na ponte das Letras Galegas.

No evento do Flic Flac participarán 150 gimnastas repartidos en vinte e dous grupos, co colofón final de varias exhibicións individuais. Escolas municipais de Vigo e Cangas, colexios de Vigo (CEP Doutor Fleming e CEIP Carballa), de Nigrán (CEIP Mallón e CEIP Humberto Juanes), Ponteareas (CP Mestre Ramiro Sabell) e Salvaterra (CEIP Infante Felipe) mostrarán as súas aptitudes.

E mañá domingo, o XXII Día da Ximnasia Rítmica. Dende as 8:45 horas. A Concellería de Deportes organiza o evento co apoio do Maniotas. Tamén con entidades invitadas doutros municipios. Porque a clausura do programa de escolas de Vigo tornouse nun evento de Vigo e concellos próximos. 

© DIFUSIONPROSPORT 2018
CONCEJALÍA DE DEPORTES
Área administrativa y técnica:
986 810 295 | 986 810 237 | 986 810 154
Email: concelleriadeportes@vigo.org